0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

A vola a mundo a través da pesca artesanal

Publicado por Ángeles Alume · 22 horas ·

Usuarios de Alume visitaron hoxe, na sala de Abanca, a exposición fotográfica titulada Fillos do Océano, un magnífico traballo do que é autor o galardoado fotoxornalista vigués Javier Capitán. A mostra recolle unha ampla serie de fotografías de gran formato sobre a forma de vida das comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo.

As fermosas e coloristas imaxes de Teniente causaron unha fonda impresión entre os asistentes, nunha visita guiada na que recibiron toda calse de explicacións. Ademais, amosáronse especialmente sensibilizados sobre a necesidade de preservar os ecosistemas marinos e de coidar os océanos da contaminación e destrucción que ameaza este medio tan fraxil e indispensable para a vida humana.

Os visitantes sorprendéronse coas impactates imaxes de pescadores artesanais nunha lanchiña ateigada de homes que, postos en pe, lanzábanse a aventura da caza da balea armados con rústicos arpóns. Homes valentes e respectuosos con ese xigante, que somentes capaturan para cubrir as necesidades da pequena comunidade na que viven.

O traballo dos redeiros da India tecendos nas multicoores artes pesqueiras, o equilibrio imposible dos pescadores dunha comunidade asiática que fan o seu traballo prácticamente colgados de longos postes cravados no fondo areoso da praia. E, como non, os pescadores de Burela que loitan _cada vez con maior dificultade_ por manter na nosa comunidade unha forma de vida herdada dos seus devanceiros. Estas e outras imaxes causaron unha xustificada admiración na nosa xente de Alume.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

Noticias relacionadas