Rehabilitación psico-social
Alume Saúde Mental xestiona dous Centros de Rehabilitación Psico-Social e Laboral (CRPL) na provincia de Lugo, un na propia capital e outro na localidade de Guitiriz, cun total de 80 prazas concertadas co Servizo Galego de Saúde (Sergas). O CRPL de Lugo atende a 65 usuarios mediante concerto, máis un número variable en función da demanda, e ten implantado un Sistema de Xestión de Calidade auditado de forma externa segundo a Norma ISO 9001 (Bureau Veritas), certificado desde o ano 2014.
- O dereito das persoas con enfermidade mental crónica a unha cidadanía plena, á súa autonomía e independencia.
- A rehabilitación debe promover a integración de cada persoa na súa comunidade natural: familia, amigos, barrio, cidade.
- Principio de "normalización": As persoas con enfermidade mental deben dispoñer dunhas condicións e unha forma de vida que se aproximen o máximo posible ás circunstancias e ao estilo de vida vixente na sociedade.
- Principio de "Individualización: Cada persoa ten capacidades, historia, características orgánicas e circunstancias sociais únicas”. Conleva unha avaliación individualizada e a elaboración dun Programa Individual de Rehabilitación (PIR).
- Estabilización clínica.
- Previr na medida do posible as hospitalizacións.
- Favorecer a recuperación ou a adquisición das habilidades e competencias necesarias para o funcionamento na comunidade en condicións da maior autonomía e calidade de vida.
- Potenciar e apoiar a integración social.
- Proporcionar o seguimento, apoio e soporte social que cada persoa necesite para asegurar o seu mantemento na comunidade nas mellores condicións posibles.
- Evitar a deterioración funcional.
- Ofrecer apoio, asesoramento e formación ás familias.
- Atención integral mediante a colaboración e coordinación con distintos servizos públicos e privados na área da Saúde Mental.
- Intervencións individuais: Entrevistas de valoración clínica, social e funcional, aplicación de cuestionarios de avaliación e psicoterapia, entre outras.
- Intervencións grupais: Talleres de habilidades da vida diaria, de habilidades sociais, de psicomotricidade, de prevención de recaídas, de psicoeducación, psicoterapia de grupo, entre outras.
- Psicomotricidade: taller de pre-deporte, piscina, paseos, taichí, tenis de mesa.
- Habilidades da vida diaria: actividades básicas (pautas de comida, de soño, de hixiene, de vestimenta) actividades instrumentais (relacións sociais, coidado da saúde e citas médicas, manexo da economía) actividades avanzadas (rol ocupacional, educación formal ou prelaboral, actividades estruturadas de lecer e tempo libre, participación social).
- Área Cognitiva: Talleres de habilidades cognitivas, de memoria, de lectoescritura, club de lectura, revista, taller de prensa, navegación na internet.
- Habilidades sociais: Talleres de habilidades sociais, de lecer, de conversación, TACA (Terapia Asistida Con Animais)
- Déficits: Talleres de psicoeducación, de prevención de recaídas, de autoestima.
- Integración comunitaria: Programa "coñece a túa cidade”, taller de revista, participación en eventos.
Paralelamente intervense tamén coa familia, proporcionando asesoramento, psicoeducación, adestramento en habilidades de comunicación, manexo e solución de problemas. O traballo coas familias deu lugar á creación de grupos de autoaxuda e á escola de familias.
Necesidade de máis prazas
O número total de prazas concertadas co SERGAS é de 80 nos dous centros, pero as persoas atendidas para Rehabilitación Psicosocial son máis, nun número variable que pode chegar ás 90 persoas.
O exceso aténdese cos recursos propios de Alume.