0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Que facemos?

Dende Alume traballamos para promover a recuperación e a inclusión social e laboral das persoas con enfermidade mental, e mellorar a asistencia e calidade de vida dos seus usuarios. Así mesmo, actuamos para defender os seus intereses e dereitos, e para ser punto referencia e apoio para os enfermos, familiares e amigos.

Programas

Primeiros Episodios Psicóticos

Actuar cos máis xóvenes e deter o avance da enfermidade é prioritario.

Rehabilitación psico-social

O aceno de identidade de Alume, despois de máis de 25 anos de experiencia.

Pisos protexidos

Apoio para unha vida autónoma, en compañía e integración social.

Atención no rural

Traballamos contra o illamento e o abandono, pola dignidade das persoas e por manter un modo de vida.

Programa de rúa

Intervención con persoas sen fogar e con transtorno mental grave.

Intervención en prisións

Programa xestionado por FEAFES Galicia, co apoio de Fundación Barrié.