PAPEP é o Programa de Atención aos Primeiros Episodios Psicóticos
Alume puxo en marcha en 2022 o PAPEP, cuxo obxectivo é deter o avance do trastorno mental grave nos pacientes máis novos, desde os primeiros brotes da enfermidade, achegando apoio social e psicolóxico aos mozos, sempre en colaboración co servizo público de Saúde Mental.
Este programa é froito da necesidade que os profesionais de Alume advertiron durante o desempeño do seu traballo, e é froito tamén do modelo de intervención creado na asociación Doa, de Vigo, coñecido en Alume grazas á pertenza de ambas as entidades á Federación FEAFES Galicia Saúde Mental.
A quen vai dirixido?
Por que é necesario?
O máis recomendable na abordaxe do PEP (primeiro episodio psicótico) é o traballo coordinado en distintos ámbitos: psiquiátricos, psicolóxicos, médicos, educativos e sociais. No concernente ao tratamento psicolóxico, distintos estudos revelan que a intervención psicolóxica logra mellorar de modo importante a recuperación funcional, a calidade de vida, a sintomatoloxía manifestada e o prognóstico.
Como se está desenvolvendo?
Este programa está financiado con fondos propios de Alume e dúas pequenas axudas de FEAFES Galicia e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, pero é intención da asociación dotalo de máis recursos e convertelo nun elemento central da súa actuación, pois do seu éxito depende que o futuro dos mozos con transtorno mental grave sexa radicalmente mellor que o que se prevé na perspectiva actual.
Necesidade de novas instalacións A maior parte das intervencións no PAPEP realízanse en contorna comunitaria: paseos pola rúa, acompañamentos, lugares de lecer, bibliotecas, domicilio e outros. Pero hai tarefas que deben levar a cabo na sede de ALUME. Consideramos que é moi importante diferenciar as dinámicas levadas a cabo cos mozos do PAPEP da actividade habitual de ALUME, con persoas que teñen unha idade maior e longos historiais na evolución da súa enfermidade.
Axúdanos a financiar o PAPEP
O PAPEP púxose en marcha cós recursos propios de Alume e conta agora cunha pequena axuda de FEAFES Galicia e da Consellería de Sanidade, pero necesitamos máis apoio e máis financiación.
Queremos duplicar as horas de atención psicolóxica do programa e así aumentar o número de mozas e mozos que podemos atender. Por iso, necesitamos conseguir financiamento adicional.
Coñece o PAPEP a fondo
Se queres coñecer o PAPEP máis a fondo, podes ler a continuación o informe que preparamos.