PROGRAMA PLURIASISTENTENCIAL DE APOIO E REHABILITACIÓN CON ALOXAMENTO PARA MULLERES EN SITUACIÓN D ESPECIAL VULNERABILIDADE E CON ENFERMIDADE MENTAL.

Trátase dun recurso especializado orientado a mulleres en situacións de especial vulnerabilidade e con enfermidade mental crónica e/ou en situación de exclusión social ou laboral e/ou vítimas de violencia de xénero ou doméstica. Pertencen estas mulleres a dous grupos vulnerables, muller e enfermidade mental crónica, polo que se enfrontan a unha dobre discriminación e as múltiples barreiras que dificultan a consecución de obxectivos de vida considerados como esenciais: cotas maiores de desemprego, salarios inferiores, menor acceso aos servizos de saúde, maiores carencias educativas e limitacións no acceso a servizos dirixidos a mulleres… Polo que, a finalidade do programa e os resultados esperados son mellorar a calidade de vida dun grupo de 15 a 20 mulleres impulsando aspectos personais (lograr a capacidade de decisión das mulleres participantes no programa minguada pola exclusión/abuso e a súa integración social) e mellorando tamén a súa cualificación para acceder ao mercado laboral.

O programa lévase a cabo coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e  Igualdade e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Subvencións a entidades de iniciativa
social para programas dirixidos a
mulleres en situación de especial
vulnerabilidade