Acto organizado por Alume có gallo do Día Mundial da Saúde Mental e o 30 aniversario da asociación.
Alume Saúde Mental cumpre este mes de outubro 30 anos dende a súa fundación e có gallo dese aniversario, así como da celebración do Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro), a asociación organiza un acto aberto a tódalas persoas interesadas (ata completar aforo), que terá lugar este xoves, 9 de outubro, ás 19:00 horas, no MIHL, e no que destaca a conferencia titulada “Outra saúde mental é posible”, impartida polo psiquiatra Javier Quintero, profesor na Universidade Complutense de Madrid e Xefe do Servizo de Psiquiatría, Saúde Mental e Adiccións do Hospital Universitario Infanta Leonor de Madrid.
A celebración completaráse coa entrega da distinción de Socio de Honra, coa que anualmente Alume recoñece a labor de persoas ou entidades involucradas a prol da saúde mental, e que este ano recae na Cruz Vermella de Lugo, coa que Alume colabora dende hai máis de dez anos na atención a persoas sen fogar con trastorno mental.
O dúo Paraxismas amenizará un acto conducido por Paco Nieto e no que intervirá tamén o presidente de Alume e un dos membros máis veteranos da asociación.