Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade o día 3 de decembro tivo lugar na Praza Maior do Concello a lectura do manifesto de Diversiarte 2011. Esta iniciativa celebrarase os días 14, 15 e 16 de decembro e o eixo central será o mercadillo solidario no que participan diferentes asociacións da cidade que traballan con persoas con discapacidade: Alucem, Aspnais, Aspace, Auxilia, San Vicente, Cogami, Down, Fademga, Once, Raiolas, Asociación de Fibromialxia, Alcer, Alusor, Agal, Adace, Afalu, Agafi, Asorlu, Feafes e Alume. Con esta iniciativa móstranse ao público o traballo que levamos a cabo.