0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

ALUME celebra o Día Mundial da Saúde Mental e o seu 25 aniversario con vídeos online

O 10 de outubro é o Día Mundial de Saúde Mental. ALUME celebrou dende sempre esta data con actividades informativas e reivindicativas na rúa, encontros sociais e unha pulpada aproveitando que a data coincide en plenas datas do San Froilán. Este ano ía ser unha celebración especial, porque o Día Mundial caía moi próximo no calendario ó 25 aniversario da asociación, que se fundou o 25 de outubro de 1995.

E vaia se vai ser diferente! Pero non polo que pensabamos, senón polas limitacións que impón a pandemia de COVID-19

Aínda que algunhas das actividades podían levarse adiante cumprindo as normas, a Directiva de Alume entendeu que non sería moi coherente organizar actos públicos que fomentan o achegamento persoal cando estamos a establecer restricións moi estrictas en tódolos nosos dispositivos e gran parte da atención realízase a distancia, establecendo quendas de atención presencial individual ou con grupos moi reducidos.

Mentres chega un tempo máis axeitado para o tipo de celebracións que nos gostarían, Alume aproveita esta ocasión para abrir unha conta en Instagram no enderezo https://www.instagram.com/asociacion_alume/ onde a partires do día 10 de outubro empezarán a publicarse vídeos de socios e usuarios expoñendo a súa experiencia e compartindo as súas ilusións.

A fundación de Alume producíuse no contexto dunha escasede enorme de recursos en materia de Saúde Mental. O seu obxectivo inicial foi reclamar a creación de centros e recursos de atención ás persoas con estas patoloxías e ás súas familias, ademáis de loitar contra o estigma. Vintecinco anos despois, a propia entidade xestiona un Centro de Rehabilitación Psicolosocial e Laboral e varios pisos tutelados, e ten en marcha programas de atención a persoas en diferentes ámbitos de exclusión: Persoas sen fogar, reclusos en centros Penitenciarios, persoas ailladas no ámbito rural ou mulleres vítimas de maltrato, sempre coa condición de padecer enfermidade mental.

As actuacións de Alume desenvólvense mediante concertos ou convenios de colaboración coas institucións públicas locais, provinciais e autonómica; particularmente, coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Alume é membro da FEAFES Galicia que á súa vez integra a Confederación Saúde Mental.

Con ocasión do Día Mundial da Saúde Mental, a Confederación española puxo de manifesto que un dos principais problemas da saúde mental en España é a precariedade de recursos dentro do ámbito sociosanitario público, que agora, coa pandemia, fíxose máis visíbel que nunca. Por exemplo, segundo o Consello Xeral de Psicoloxía, España ten catro veces menos profesionais da Psicoloxía na sanidade pública que o promedio europeo. Igualmente, en Atención Primaria, porta de entrada á atención en saúde mental, hai unha falta tanto de profesionais como de formación específica en saúde mental, o cal non está permitindo detectar a tempo os transtornos mentais e derivalos aos recursos comunitarios existentes.

Noticias relacionadas