0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume convoca a todas as persoas socias á sua Asemblea Xeral Ordinaria

A asemblea desenvolverase o vindeiro luns, 29 de abril, ás 19h00 na sede da asociación. No encontro trataranse temas de interese para a nosa entidade, como a presentación de varios informes sobre as actividades desenvolvidas o ano pasado, e un plan de actuación para este ano, entre outras cousas. Así mesmo, tamén se convocará, para despois desta, unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que se tratarán as posibles baixas de socios e socias.

Está convocada, para o vindeiro luns 29 de abril, unha Asemblea Xeral Ordinaria de persoas socias, que se celebrará ás 18h30, en primeira convocatoria; e ás 19h00, na segunda, na sede da Asociación lucense de axuda a persoas con enfermidade mental, Alume. Así mesmo, a Xunta Directiva da nosa Asociación convoca tamén a Asemblea Xeral Extraordinaria de persoas socias, que está prevista para pouco despois da primeira xuntanza, para as 18:40 horas en primeira convocatoria, e para as 19:10 en segunda convocatoria. Nesta segunda xuntanza, de corta duración, falarase das propostas de posibles baixas de persoas socias. Ámbolos dous son encontros de grande importancia para a Asociación, xa que imos tratar propostas encamiñadas a desenvolver proxectos que aseguren un futuro sustentable da mesma. Ademais disto, a seguir, dispoñibilizamos un modelo de documento útil para aquelas persoas que non poidan asistir, e desexen delegar a súa participación nun ou nunha representante, que deberá ser entregada adxuntando unha fotocopia do DNI propio, e tamén debe ir asinada: [MODELO DE REPRESENTACIÓN:] Don/Doña ___________________________________, socio/a da Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais (ALUME), con DNI número ___________, declaro e dispoño que na miña condición de socio/a de ALUME NOMEO a Don/Doña __________________________________________, con DNI número ___________________ o meu/a miña representante na Asemblea Ordinaria de ALUME prevista para o día 29 de abril de 2013, para que asista no meu nome e representación á referida Asemblea, e exerza nela con total liberdade cantos dereitos sexan inherentes á condición de socio de ALUME. En ______________, a ______ de abril de 2013

Noticias relacionadas