A Asociación tamén quixo participar nos actos conmemorativos do 11º aniversario da declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
A Asociación tamén quixo participar nos actos conmemorativos do 11º aniversario da declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Estes actos, organizados polo Concello baixo o lema “Acórdate da muralla”, culminaron rodeando o monumento cunha corda de 2,5 kilómetros de lonxitude coa axuda dos lucenses como símbolo de unión coa cidade. Os ciclistas galegos Ezequiel Mosquera e Gustavo César Veloso foron os encargados de conducir os dous extremos da corda coa axuda dos cidadáns. Neste acto participou a asociación e tralo mesmo degustamos castañas asadas que se repartían nas portas da muralla.