O 18 de decembro tivo lugar o encontro de voluntariado da UDP de Lugo na localidade de Pol.
Esta Xornada desenvolveuse no Salón de Actos do centro sociocultural do Concello. Co título “Cómo o voluntariado social UDP contribúe ao envellecemento activo e ao benestar” ivo lugar unha mesa redonda onde voluntarias e usuarios de UDP contaron as súas experiencias co servizo. Nesta mesa participou Fernando, un usuario da nosa entidade, que forma parte do taller de pandeireta impartido por Conchita e Verónica, voluntarias da UDP. Fernando quixo poñer en valor e agradecer o labor do voluntariado e a satisfacción do seu traballo así como o cambio que supuxo para el participar neste taller. Ao fina,l Ana Regueira, directora de Alume, recibíu de Bernardino Barreiro, presidente provincial da UDP, unha placa conmemorativa desta xornada.