0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume recibe un donativo da XI Carreira E.On Lugo Monumental

A nosa asociación recibiu este domingo 22 de decembro un donativo de 1.800 euros, que corresponden ao 30% da recadación efectuada a través das inscricións da XI Carreira E.On Lugo Monumental, organizada polo Concello de Lugo e patrocinada polas empresas E.On, El Progreso, Larsa e Seguros Divina Pastora.

A nosa asociación vén de recibir un donativo de 1.800 euros, da man dos organizadores da [XI Carreira E.On Lugo Monumental], que se desenvolveu durante a mañá do domingo 22 de decembro, nun percorrido por toda a cidade que partiu, como novidade este ano, da parte de diante da Mosquera, emblemático tramo da Muralla de Lugo. A competición dos nenos e nenas comezou ás 11h00, xusto unha hora antes que a de adultos, na que participaron arredor de tres mil persoas, percorrendo os 10 quilómetros de ruta, polo centro da cidade. Na competición masculina venceu Nicolás Arrojo, quen entrou na meta por diante de Juan Pena e Javier Veiga. Na categoría femenina, María del Carmen Penas fíxose coa victoria, por diante de Aroa Freije -a primeira lucense en atravesar a meta-, e Pilar Núñez. Os trofeos da proba, organizada polo Concello de Lugo, e patrocinada por El Progreso, E.On, Larsa e Seguros Divina Pastora, foron elaborados nos obradoiros de cerámica de Alume, polas persoas usuarias da nosa asociación. Así mesmo, após a entrega de premios para os e as participantes, os organizadores fixéronlle entrega a Alume, na man do seu presidente, Manuel Fernández Prado, do donativo de 1.800 euros, correspondentes ao 30% da recadación feita coas inscricións da proba. Ademais disto, as persoas usuarias da nosa asociación elaboraron os trofeos de cerámica que se entregaron ao finalizar a proba, por encargo do Club Montepenarubia, que leva xa algún tempo apoiando o labor que realizamos na nosa asociación encargando os noso produtos. [Iniciativas como esta dannos azos para continuar desenvolvendo o noso traballo pola mellora da atención en saúde mental, e pola recuperación das persoas con trastorno mental severo de Lugo e da súa comarca. Grazas.] {Na imaxe, momento de entrega do donativo por parte da organización da Lugo Monumental. Manuel Fernández recibe o talón en representación de Alume. A imaxe foi feita polo Club Montepenarubia.}

Noticias relacionadas