Alume e Lugo estiveron moi ben represenatos. Arturo Rodríguez Pastur, usuario da nosa entidade, e os seus compañeiros do grupo de teatro Pinchacarneiro da Fundación Anade, Javi, Mauro e Ángeles, acadaron un gran éxito en Villalba (Madrid) coa represenación de ‘Pinchacarneriro Café’. Trátase dun espectáculo de variedades (monólogo, teatro, baile e canto) de pequeno formato, que foi representado no Centro Galego desta localidade Madrileña, con motivo do Días das Letras Galegas.
Os actores lucenses divertiron e emocionaron coa sua representación a un público moi numeroso e entregado que ateigaba a sala e que agradeceu o seu bo facer con calurosos aplausos. Despois compartirían un espléndido ágape, ao aire libre, na terraza dun hotel.
A experiencia non puido ser mellor. O presidente do Centro Galego loubou a actuación do grupo lucense, asegurando, no seu discurso, que nos 20 anos ao frente da entidade non tiña visto unha actuación “tan maravillosa”. Os actores, que non cesaron de recibir parabens polo seu traballo, recolleron unha fermosa metopa conmemorativa da súa participación no evento. Sobra dicir que responsables de Anade e actores, volveron encantados e cheos de enerxía para aboradar as actuacións que teñen por diante ata a fin da tempada..