A colaboración con Alume é unha vía para contribuir a unha sociedade mellor, máis xusta e integradora. Hai moitas formas de colaborar, dependendo das túas posibilidades e intereses.
Podes facer o teu donativo económico a través do seguinte formulario.
Se o desexa, pode solicitar a súa asociación á Alume. A cuota de socio é de 25 euros anuais.
A Xunta Directiva estudiará a súa solicitude e poñerase en contacto con vostede.
Más de 15 persoas colaboran con Alume como voluntarios en tareas propias deste tipo de colaboración e coa supervisión dos profesionais da asociación.
Os voluntarios non só aportan ideas e coñecementos no desenvolvemento de actividades da entidade ou no traballo directo cós beneficiarios, senón que contribúen tamén a abrir Alume cara a sociedade, espallando a través do coñecemento e da súa propia experiencia, a realidade da enfermidade mental. Son por elo unha arma decisiva contra o estigma.