0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Día Mundial con inauguración

Alume celebrou o Día Mundial da Saúde Mental coa inauguración da nova sede, na Rúa Illa Coelleira (barrio de Montirón).
Foi un sinxelo acto que contou coa participación de destacadas autoridades locais, representantes de entidades colaboradoras da asociación,
voluntarios, traballadores e socios de Alume.

Diante da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, do vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, do xefe territorial de Política Social, Alberto Linares, como principais
representantes públicos, o presidente de Alume, Manuel Fernández, leu a Proclama que a Confederación española de Saúde Mental preparou con ocasión do Día Mundial 2016.

Tamén explicou que o novo centro, duns 400 metros cadrados, está a permitir unha atención máis axeitada e o desenvolvemento de actividades que no antigo local resultaban complicadas.
Igual que o anterior, o local está en réxime de aluguer.

Carlos Montero recibe a distinción para o Clube Monte Penarrubia
Carlos Montero recibe a distinción para o Clube Monte Penarrubia

Posteriormente, durante a celebración da tradicional pulpada coa que Alume celebra sempre o Día Mundial, o presidente do Clube MontePenarrubia, Carlos Montero, recibíu a distinción que acredita a esta entidade como socio de honra. A Xunta Directiva de Alume tomou esta decisión por mor do apoio permanente que o Clube Monte Penarrubia prestou dende os seis inicios á actividade de Alume, coa organización dunha carreira solidaria e colaboración constante en eventos deportivos.

Campaña FEAFES ‘Yo no tengo prejuicios’

Noticias relacionadas