0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Días de auga e lecer nas termas de Cuntis

Xa están de volta os usuarios de Alume que participaron na que para a maioría foi a súa primeira experiencia no baleneario de Cuntis (Pontevedra). Alí pasaron unha marabillosa estadía, xunto con compañeiros das asociacións Porta Nova, Morea e Avelaiña. Todos eles gozaron dos beneficios das augas termais, tanto no interior do baleneaio, onde fixeron percorridos por todo o circuito  (piscina, chorros, biosauna, etc.), como nas augas mornas da piscina exterior. Algo que lles chamou moito a atención, tendo en conta a época do ano.

Pero houbo tempo para todo. Ademais de visitar a pequena e fermosa localidade de Cuntis, gozaron das fervenzas do río Barosa, e sorprendéronse contemplando como facían lume os nosos devanceiros durante a visita que fixeron ao parque arqueolóxico de Campo Lameiro. Tamén volveron encantados do aloxamento elixido, un hotel moi acolledor, onde foron obxecto dun trato estupendo.

O balneario de Cuntis está considerado como o mellor establecemento termal de Galicia. Así, no é raro que os usuarios de Alume quedaran con ganas de volver, como ocorre sempre que participan neste tipo de actividades que organiza o noso departamento de ocio.

CUNTIS (3)

 

 

Noticias relacionadas