Seis usuarios de Alume toman un fin de semana de descanso na casa que Feafes Galicia ten na localidade da Guardia.
Catro usuarios do centro de Alume en Lugo e dous do centro de Guitiriz viaxaron ata a Guardia dende o venres ata o domingo. Realizáronse diferentes actividades: visita ao zoo de Vigo, tarde no Talaso Atlántico de Baiona, visita ao mercado de Vilanova da Cerveira en Portugal e visita ao Monte de Santa Tegra. Este tipo de viaxes son un xeito de traballar as habilidades da vida diaria e a inserción social e cultural das persoas con enfermidade mental, así como unha forma de ofrecer un respiro familiar.