0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Estatutos de Alume Saúde Mental

CAPÍTULO I: DENOMINACIÓN, OBXECTIVOS, DOMICILIO E ÁMBITO

Artigo 1.- Os presentes estatutos corresponden á asociación denominada "ALUME Saúde Mental", tamén coñecida por "ALUME", que se rexerá pola Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo e normas complementarias, con capacidade xurídica plena e capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

Artigo 2.- O fin da Asociación é promove-la recuperación, a integración social e a mellora da asistencia e da calidade de vida das persoas que padecen trastornos mentais e dos seus familiares, así como a defensa dos seus intereses e dereitos.

Artigo 3.- Para levar a cabo este fin, a Asociación poderá:

1.- Promover na sociedade unha actitude realista e comprensiva dos problemas dos que padecen enfermidade mental.

2.- Promover e potenciar iniciativas que favorezan a súa integración laboral.

3.- Organizar actividades e crear servicios de tipo ocupacional, laboral, educativo, cultural, residencial, de lecer, etc. acordes cos seus fins.

4.- Instar ante as autoridades políticas e administrativas medidas que faciliten a integración social dos que padecen enfermidade mental.

5.- Actuar como punto de referencia e apoio para persoas que padecen enfermidade mental, familiares e amigos, así como ser un espacio para o intercambio de experiencias e mutua axuda.

6.- Ser titor dos incapacitados por enfermidade mental cando así conveña, se acorde en forma e se tramite polas canles legais.

7.- Procurar relacións de colaboración e federarse con entidades afíns.

8.- Promover a igualdade de sexos no cuidado dos enfermos, có fin de evitar a carga que tradicionalmente soportan as mulleres das familias.

9.- Realizar actividades específicas e diferenciadas con persoas xóvenes tanto a nivel preventivo en materia de saúde mental como a nivel terapéutico para evitar recaídas.

10.- Realizar actividades formativas coas persoas que padecen enfermidade mental con obxecto de aumentar a súa concienciación sobre o coidado medioambiental.

11.- Realizar calquera outra actividade que, dentro da legalidade vixente, sirva para a consecución dos seus fins.

Artigo 4.- ALUME ten o seu domicilio social en Lugo, rúa Illa Coelleira, 3, baixo dereita, 27002 Lugo.

Artigo 5.- ALUME desenvolverá a súa actividade principalmente no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, sen prexuízo dos acordos acadados con outras entidades ou federacións coas que comparta ámbito de actuación.

Artigo 6.- Esta asociación ten unha duración indefinida

CAPÍTULO II: XUNTA DIRECTIVA

Artigo 7.- ALUME será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro, e entre un e cinco vocais, segundo decisión da Asamblea Xeral no momento da elección dos membros da Xunta Directiva. Tódolos cargos que compoñen a Xunta Directiva serán de baldes. Estes serán designados e revocados pola Asemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de catro anos. Só poderán formar parte da Xunta Directiva os asociados. Para ser membro da Xunta Directiva é necesario ser maior de idade, estar en pleno uso dos dereitos civís e non estar incurso nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente. Non poderán ser membros da Xunta Directiva persoas que realicen ou teñan realizado prestacións laborais ou profesionais que supoñan unha remuneración por parte de Alume.

Artigo 8.- A elección da Xunta Directiva realizarase por candidaturas conxuntas, onde figuren tódolos cargos a cubrir. Resultará elixida a candidatura que obteña a maioría cualificada dos votos. Se na primeira votación non resultara elixida ningunha candidatura, eliminaráse a última candidatura e se realizaría outra votación. Se entre as dúas últimas candidaturas ningunha acadase a maioría cualificada, a Xunta Directiva saínte prorrogaría o seu mandato durante un ano, prazo no que deberá convocar unha nova Asemblea Extraordinaria. Só en caso de vacantes pódese someter á decisión da Asemblea a elección de membros individuais da Xunta Directiva, segundo o establecido no artigo 19.

Artigo 9.- A revocación dos membros da Xunta Directiva pódese acordar para membros individuais ou para a Xunta en conxunto. Nos dous casos é necesario acreditar o incumprimento das obrigas que teñan encomendadas os afectados, que terán dereito a ser escoitados pola Asemblea, e será necesario o voto favorable da maioría cualificada da Asemblea para determinar a revocación.

Artigo 10.- Os membros da Xunta Directiva poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas e por expiración do mandato.

Artigo 11.- Os membros da Xunta Directiva que esgotaran o prazo para o que foron elixidos continuarán nos seus cargos ata o momento en que se produza a aceptación dos que lles substitúan.

Artigo 12.- A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o seu Presidente e a iniciativa ou petición de tres dos seus membros. Queda constituída cando asista a metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos. En caso de empate, o voto do Presidente será de calidade.

Artigo 13.- Facultades da Xunta Directiva: As facultades da Xunta Directiva abranguerán, con carácter xeral, tódolos actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral. Son facultades particulares da Xunta Directiva:

  1. Dirixi-las actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos contratos e
  2.  Executa-los acordos da Asemblea
  3. Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral os balances e contas
  4. Resolver sobre a admisión de novos
  5. Nomear delegados para algunha determinada actividade da Asociación.
  6. Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asemblea Xeral de

Artigo 14.- Correspóndenlle ó Presidente as seguintes funcións:

  1. Asumi-la representación legal da Asociación.
  2. Convocar, presidir e dirixi-los debates da Xunta Directiva e Asemblea
  3. Subscribir contratos en nome da Asociación.
  4. Outorgar poderes a
  5. Xestionar e aceptar subvencións, axudas institucionais, doazóns, legados e
  6. Exercitar accións e opoñer excepcións.
  7. Visa-las Actas e certificados emitidos polo
  8. Firmar co Tesoureiro as ordes de pago en nome da Asociación.
  9. Outras atribucións propias do cargo e as delegadas pola Asemblea
  10. Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou adecuada, sen deixar de dar conta con posterioridade á Xunta

Artigo 15.- O Vicepresidente correspóndelle asistir ó Presidente nas súas funcións e substituilo en caso de ausencia ou delegación, circunstancias nas que terá as mesmas atribucións que o Presidente.

Artigo 16.- O Secretario terá a cargo a dirección dos traballos puramente administrativos da Asociación, expedirá certificacións, levará os libros da asociación legalmente establecidos e o ficheiro de asociados, e custodiará a documentación da entidade, facendo que se cursen as comunicacións sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais inscritibles ós rexistros correspondentes, así como a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigas documentais nos termos en que legalmente correspondan.

Artigo 17.- O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento ás ordes de pago que expida o Presidente.

Artigo 18.- Os Vocais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva e as que xurdan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta lles encomende.

Artigo 19.- As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre os membros restantes da Directiva ata a elección definitiva, en Asemblea Xeral Extraordinaria, do substituto, que exercerá o cargo con plenitude de facultades, durante o tempo que restara para completar os catro anos iniciais.

CAPITULO III: ASEMBLEA XERAL

Artigo 20.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada por tódolos asociados.

Artigo 21.- As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez ó ano dentro dos catro meses seguintes ó peche de exercicio; as extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuízo do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde ou cando o propoña por escrito unha décima parte dos asociados.

Artigo 22.- As convocatorias das Asembleas Xerais realizaranse por escrito expresando o lugar, día e hora da reunión así como a orde do día con expresión concreta dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea en primeira convocatoria haberán de mediar alomenos dez días, podendo así mesmo facerse constar se procedera a data e hora en que se reunirá a Asemblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poda mediar un prazo inferior a media hora.

Artigo 23.- As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, ficarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela un tercio dos asociados con dereito a voto, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociados con dereito a voto. Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen ós negativos, non sendo computables a estes efectos os votos en branco nin as abstencións. Cumprirá maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultarán cando os votos afirmativos superen a metade de estas para:

  1. Nomeamento e revocación das Xuntas Directivas e
  2. Acordo para constituír unha Federación de Asociacións ou integrarse
  3. Disposición ou alleamento de bens integrantes do
  4. Modificación de

Requeriráse unha maioría de dous tercios das persoas presentes ou representadas para acordar a disolución da entidade.

Artigo 24.- Son facultades da Asemblea Xeral Ordinaria

  1. Aprobar, no seu caso, a xestión da Xunta
  2. Examinar e aprobar as Contas
  3.  Aprobar ou rexeitar as propostas da Xunta Directiva en orde ás actividades da Asociación.
  4. Fixa-las cotas ordinarias ou
  5. Calquera outra que non sexa da competencia exclusiva da Asemblea

Artigo 25.- Corresponde á Asemblea Xeral Extraordinaria:

  1. Nomeamento e revocación dos membros da Xunta
  2. Modificación dos
  3. Disolución da
  4. Expulsión de socios, a proposta da Xunta
  5. Constitución de Federacións o integración en

CAPITULO IV: SOCIOS

Artigo 26.- Poderán formar parte da Asociación tódalas persoas físicas, maiores de idade que teñan interese en servir ós fins da Asociacións. A admisión producirase cando a solicitude de inscrición sexa aceptada pola Xunta Directiva. Artigo 27.- O número de socios será ilimitado e terán todos a mesma clase e condición. A Xunta Directiva poderá nomear "membro honorífico" ás persoas ou institucións que estime oportuno, sen que tal nomeamento carrete a condición xurídica de socio. Artigo 28.- Quen desexe pertencer á Asociación solicitarao por escrito. A Xunta Directiva resolverá sobre a súa admisión ou rexeitamento, sen que caiba ningún recurso contra tal acordo. Artigo 29.- Os dereitos dos socios serán:
  1. Asistir, con voz e voto, ás Asembleas Xerais de
  2. Ser elixible para ocupar cargos na Xunta
  3. Facer uso dos servicios que a Asociación estableza, de acordo cos fins que se sinalan nestes
  4. Recibir información sobre as actividades que realice a Asociación e das xestións da Xunta
  5. Formar parte de grupos ou comisións que puideran
  6.  Causar baixa voluntaria na Asociación.
Artigo 30.- Os socios terán os seguintes deberes:
  1. Satisfacer puntualmente as cotas que se A Xunta Directiva, previa consideración das circunstancias, poderá eximir do pago da cota a socios individuais.
  2. Formar parte da Xunta Directiva, caso de ser elixido e desempeñar fielmente os
  3. Cumprir os Estatutos e os acordos da Xunta Directiva e Asemblea
Artigo 31.- Causará baixa na Asociación:
  1. Quen voluntariamente o decida e comunique por escrito á Xunta
  2. Quen incumpra reiteradamente e sen causa xustificada os deberes impostos polos presentes A baixa neste caso farase a proposta da Xunta Directiva, ratificada pola Asemblea Xeral previa audiencia ó interesado se este o solicitase.

CAPITULO V: RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 32.- Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da asociación serán os seguintes:

  1. As cotas de socios, periódicas ou
  2. As subvencións, legados ou herdanzas que puidera recibir de forma legal por parte dos asociados ou de terceiras
  3. Calquera outro recurso lícito.

Artigo 33.- O patrimonio inicial da Asociación ou Fondo Social de ALUME é de 0 euros.

Artigo 34.- O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano.

CAPITULO VI: DISOLUCIÓN

Artigo 35.- Disolverase voluntariamente cando así o acorde a Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ó efecto, por unha maioría de 2/3 das persoas presentes ou representadas na asamblea.

Artigo 36.- En caso de disolución da Asociación, o seu patrimonio será destinado na súa totalidade a algunha das entidades consideradas como entidades beneficiarias do mecenado ós efectos previstos nos artigos 16 a 25, ambos inclusive, da Lei 49/2002, ou a entidades públicas de natureza non fundacional que persigan fins de interese xeral..

DISPOSICIÓN ADICIONAL. Estes estatutos modifican os estatutos aprobados o 9 de febreiro de 2022. Os estatutos orixinais de Alume, aprobados con ocasión da súa constitución, en novembro de 1995, foron asimesmo modificados o 26 de marzo de 2004 e posteriormente o 26 de marzo 2008, o 28 de xaneiro de 2015 e o 8 de setembro de 2016. En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos aplicarase a Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias. Lugo, 9 de febreiro de 2022.

DILIXENCIA

Manuel Fernández Prado, titular da Presidencia, e Óscar Rodríguez García, titular da Secretaría da Asociación Alume Saúde Mental, fan constar que os presentes estatutos están redactados coa inclusión das modificacións acordadas na asemblea xeral extraordinaria celebrada en data 26 de abril de 2023, de acordo cos requisitos establecidos na LO 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e seguindo o procedemento previsto nos seus estatutos.

En Lugo, a 26 de abril de 2023