0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Fin de semana na península do Morazo

 

En pleno verán de San Martiño, un novo grupo de usuarios e monitoras dos centros de Alume de Lugo e Guitiriz participaron na segunda excursión a Hío, organizada pola nosa entidade, dentro do seu programa de lecer.
O itinerario variou pocuco con respecto á recente estadía do primeiro grupo nesta pequena vila mariñeira de Cangas, cabeceira de comarca da fermosa península do Morazo (Pontevedra).
Novamente, o chalé que Feafes pon a disposición das asociacións galegas pertencentes a esta federación acolleu durante a pasada fin de semana ao novo grupo de hóspedes.
Para non perder o tempo, además de coñecer o contorno inmediato, o grupo viaxou a Cangas, para xantar e empregar a tarde en coñecer os lugares máis representativos da vila, de cuxo importante pasado histórico dan testemuña monumentos como a ex colexiata e a fonte de Santiago, na rúa Real, ou as esculturas de Asorey e Piñeiro, entre outras moitas.

 

IMG_1908IMG_1946

 

 

 

 

 

 

 

Como novidade salienta unha pequena excursión a o monte do Facho, un mirador natural con marabillosas vistas sobre o mar e importantes restos arqueolóxicos dun castro fortificado. Un atractivo roteiro de sendeirismo invitaba ao percorrido, pero o tempo no daba para máis. Xa se sabe que nesta época escurece cedo.
Moaña foi o destino do sábado. A visita comezou polo mercado máis grande de Galicia (tanto polas dimensións das súas naves como pola actividade que alí se desenvolve) e unha visita ao museo Masó, da antiga conserveira.

Ademais, percorreron o renovado paseo marítimo, con parada e a foto de rigor ao carón do xigantesco Neptuno de pedra que mira ao mar (o fisgón), e como non, un paseo pola praia, na que algún valente, como Marcos, non dubidou en mergullarse nas auga. Outros conformáronse con mollar os pes.Non faltou nesta ocasión a tradicional velada nouturna, con parrillada ao aire libre e, sobre todo, moita festa.

COMBARRO

A visita a Combarro, a vila mariñeira cuxo casco antigo mereceu a declaración de conxunto histórico pola súa magnífica arquitetura popular dos séculos XVII e XVIII (as casas mariñeiras e os hórreos), ocupou toda a mañá do domingo. Logo de xantar, o grupo de alume empregou a tarde en pasear por Pontevedra,  a capital desta paradisíaca provincia galega, ata que chegou a hora de subir ao autobús, non sen certa nostalxia, por certo. A que se sente cando se deixa atrás unha experiencia tan fermosa preto do mar.

Noticias relacionadas