A sociedade está a tomar conciencia sobre a incidencia do suicidio e sobre a necesidade de estratexias para previlo e evitalo, e tamén de atención ós supervivintes.
Froito desa actitude e da experiencia da nosa organización en abordar graves problemas de saúde mental dende a perspectiva social e familiar, nace o Programa de Atención ao Dó por Suicidio (PADS).
Cun funcionamento propio dun grupo de autoaxuda, dirixido e orientado polos profesionais da asociación, o programa trata de aportar un sentido de comunidade e apoio a través dun espazo empático, que permita ter a sensación de sentirse comprendido, compartir experiencias persoais, datas significativas, aniversarios…
O obxectivo xeral é axudar á persoa na elaboración do dó tentando reducir a posible patoloxización, acompañando na aceptación da perda e na aprendizaxe de vivir sen a persoa querida.
Datos de contacto para interesados:
Tfno. 982 251 602
Email: correo@alume.org