ALUME inicia a súa colaboración co Programa PAIEM, Protocolo de Atención Integral a Persoas con Enfermidade Mental, no Centro Penitenciario de Monterroso o día 21 de xuño.
ALUME inicia a súa colaboración co Programa PAIEM, Protocolo de Atención Integral a Persoas con Enfermidade Mental, no Centro Penitenciario de Monterroso o día 21 de xuño. A asociación colabora coa Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias no tratamento das persoas con enfermidade mental dentro das prisións, intervindo así como recurso especializado para este colectivo. Este programa busca facer que a Institución Penitenciaria sexa capaz de facer una detección temperá dos casos de enfermidade mental e ofrecer a mellor rehabilitación posible a cada persoa en función dos recursos dispoñibles. Os enfermos mentais en prisión son máis vulnerables que na comunidade, xa que poden ser obxecto de acoso por parte de outros internos ou poden ser confundidos con persoas agresivas e ser sancionados polos seus comportamentos inadaptados. Por iso é preciso que sexan identificados canto antes e tratados para evitar a discriminación dentro do sistema penitenciario. A dobre estigmatización que supón a reclusión e o trastorno mental supón para este colectivo o risco de caer na cronicidade ou a marxinación. O PAIEM pon un especial énfase na parte resocializadora en tratamento nun ambiente social terapéutico.