0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Medalla de prata ao mérito penal para Alume

Institucións penais recoñece o labor que vén desempeñando ALUME na implementación de actividades de tratamento e acompañamento no Centro Penal de Monterroso coa entrega da medalla de prata ao mérito social penal.

A entrega do galardón foi parte da conmemoración da festividade da Mercé, que tivo lugar o venres, 23 na Casa Grande de Nadela. Outros 12 funcionarios e colaboradores dos servizos penais na provincia de Lugo viron tamén recoñecida o seu labor nun acto presidido pola Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, os directores das prisións de Bonxe e Monterroso e os alcaldes de Lugo e destas dúas localidades, entre outras autoridades.

Alume traballa desde 2011 con poboación recluída que padece algún trastorno mental, axudando á súa recuperación e resocialización. Máis información sobre o programa PAIEM.

Noticias relacionadas