Do mércores 12 ao venres 14 tivo lugar unha nova edición do Mercadillo Diversiarte marcado este ano polo temporal de choiva e vento.
Foron 22 os colectivos que participaron nesta feira de artesanía solidaria que se desenvolveu como é habitual na Praza Maior. Esta cita supón un evento importante no calendario anual das asociacións, posto que con el se visibiliza o traballo que os diferentes colectivos de persoas con algún tipo de discapacidade realizan ao longo do ano. Alume acudíu, coma todos os anos, levando os productos dos talleres de coiro, decoupage, manualidades, oleo, cerámica, cestería e pintura e tela. O balance foi positivo aínda que polo xeral o número de persoas que mercaron productos foi menor a outras edicións. Deixámosvos o enlace á entrevista que nos realizaron dende Popular Tv: http://www.populartvgalicia.net/node/654