0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

O presidente de Alume participará nun foro sobre actuacións solidarias e odontoloxía social

A primeira clínica dental solidaria de Galicia abrirá en Lugo este ano, por iniciativa do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da provincia. Así o recollían onte os medios de comunicación, sinalando que este centro nace para dar cobertura “á xente sen recursos que precise tratamentos que non cubre a Seguridade Social”. O vindeiro día 15 presentarase a iniciativa, nun foro no que participará Manuel Fernández Prado, presidente de Alume.

O Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo porá en marcha este ano a que será a primeira clínica dental solidaria de Galicia. O proxecto será presentado oficialmente nas festas da patrona dos dentistas, Santa Apolonia, que terá lugar o vindeiro día 15 de febreiro. Neste día, desenvolverase un foro no que se espera a participación de representantes de entidades sociais como Unicef, Aspnais e Cáritas, así como tamén Alume, na voz do seu presidente, Manuel Fernández Prado. Tamén está prevista a participación o Obispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco. No encontro falarase da necesidade deste tipo de actuacións solidarias, e da odontoloxía social. Así o publicaba onte en papel o xornal El Progreso, nunha noticia na que tamén sinalaban que o Colexio de Odontólogos leva tempo negociando co Concello de Lugo a cesión dun local onde poder desenvolver a actividade. A clínica estará equipada con doazóns realizadas polas persoas colexiadas, e tamén por empresas relacionadas coa saúde bucodental, e será atendida por persoas voluntarias de entre os máis de 200 profesionais do Colexio de Odontólogos de Lugo.

Noticias relacionadas