0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Outro ano celebrando Día Mundial da Saúde Mental

Como ven sendo tradición, o 10 de outubro é para nós, ademáis dunha data de reivindicación,  un día de celebración e xuntanza. Este ano a maiores unímonos ás entidades galegas de saúde mental e Feafes Galicia, para dar visibilidade ao colectivo coa campaña “O que teño na mente”, onde os participantes puideron aportar as súas ideas sobre cómo se debería mellorar a saúde mental no traballo.

Comezamos a xornada na Praza Maior de Lugo, onde o noso presidente, Manuel Fernández, leu o manifesto sobre a saúde mental no traballo, tema central escollido este ano para o Día Mundial, coa presenza da alcaldesa, Lara Méndez, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, representantes do grupo do Partido Popular, Antonio Ameijide, Enrique Rozas e Mari Teijeiro e a voceira do grupo municipal de Lugo Novo, Mª Cristina Pérez.

Despois os representantes do Concello fixeron a súa aportación no mural dando as súas ideas para mellorar a saúde mental no ámbito do traballo, inaugurando así a campaña para que as persoas que así o desexaran deixasen tamén as súas opinión.

Tras o acto na Praza Maior tivemos, como é xa tradicional, a nosa pulpada aproveitando o San Froilán, onde se declarou ao Club Dez Portas Lugo de tenis de mesa como socio de honra neste 2017, pola súa implicación na inclusión do noso colectivo a través do deporte.

Noticias relacionadas