0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Percorremos o Camiño de Santiago

Os días 7, 8 e 9 de setembro un grupo de persoas con enfermidade mental percorrerán o Camiño de Santiago. Neste ano A Mariña, Porta Nova, Morea, Avelaíña e A Creba acompáñannos nesta actividade que pretende mostrar a imaxe máis positiva do colectivo.

Os días 7, 8 e 9 de setembro un grupo de persoas con enfermidade mental percorrerán o Camiño de Santiago. Neste ano A Mariña, Porta Nova, Morea, Avelaíña e A Creba acompáñannos nesta actividade que pretende mostrar a imaxe máis positiva do colectivo. Con esta iniciativa organizada por Feafes Galicia camiñaranse tres etapas do Camiño Francés comprendidas entre Salceda-Arca, Arca-Monte do Gozo, Monte do Gozo-Santiago de Compostela, onde serán recibidos polo alcalde e pola concelleira de Benestar Social. Con esta actividade búscase promover unha loita activa contra o estigma social. Servirá para mostrar unha imaxe normalizada da enfermidade mental e tamén para reclamar recursos suficientes para que as persoas con enfermidade mental e os seus familiares teñan garantida unha atención integral, con continuidade de coidados. Tamén se busca reivindicar que os recursos estén orientados cara a recuperación das persoas con enfermidade mental, capacitándoos para a toma de decisións, fomentando a súa autonomía e promovendo unha inserción sociolaboral efectiva.

Noticias relacionadas