Programa de atención integral da conduta suicida
O Programa de Atención Integral da Conduta Suicida (PAICS) está sendo desenvolvido por ALUME Saúde Mental en coordenación coa Unidade de Prevención do Suicidio, así como outros axentes implicados nesta materia da área sanitaria de Lugo, tais coma a Unidade de Saúde Mental, o Instituto de Medicina Legal e Servizos Sociais.
O obxectivo desta iniciativa é converxer coa asistencia que se está a ofrecer dende o Servicio Galego de Saúde (SERGAS) ás persoas con condutas autolíticas, así como contribuír á creación dun servizo especializado e protocolizado en atención ó supervivinte, reducindo os posibles trastornos mentais e diminuindo o impacto que produce nas persoas a morte dun ser querido.
Xurdido inicialmente como asistencia ó dó por suicidio, ampliouse na procura dunha atención integral.