0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Socios de Honra

O artigo 27 dos Estatutos de Alume contemplan a posibilidade de que a Xunta Directiva nomee membros honoríficos ás persoas ou institucións que considere oportuno, sen que tal nomeamento carrete a condición xurídica de socio. Dende o ano 2011, a Xunta Directiva adoptou a costume de facer un nomeamento de socio de honra a unha persoa ou entidade que se destacase na defensa dos dereitos das persoas con enfermidade mental e na loita pola saúde mental. Este recoñecemento faise anualmente con ocasión do Día Mundial da Saúde Mental, o 10 de outubro.
A nómina de membros honoríficos de Alume é a seguinte:

Lucía Lence Barreiro

Deseñadora multimedia, pola súa colaboración desinteresada durante este ano na creación da app "Adiante", dentro do programa de Atención a Primeiros Episodios Psicóticos.
10/10/2022

Isabel Menéndez Menéndez

Ex directiva e voluntaria de Alume, pola súa importante participación en actividades culturais e informativas ás familias.
10/10/2021

Fina Platas Ferreiro

Pola súa colaboración co programa Espertar, de atención a persoas sen fogar, especialmente na obtención de vivenda digna e na creación de pautas para unha vida autónoma.
10/10/2019

Colegio Cervantes

Polo seu apoio directo a Alume, beneficiaria nos últimos anos da Carreira Solidaria organizada polo Colexio, e tamén polo seu traballo constante en favor dunha educación inclusiva, con especial atención á discapacidade.
10/10/2018

Club 10 Portas de Tenis de Mesa de Lugo

Pola súa contribución a mellora das persoas con enfermidade mental e na loita contra o estigma mendiante a organización de actividades deportivas.
10/10/2017

Club Monte PenaRubia

Polo seu apoio e colaboración na rehabilitación de persoas con trastorno mental severo.
10/10/2016

Dolores Osorio Linares, psicóloga

Nomeamento a título póstumo, con ocasión do vinte aniversario de Alume, como xeito de recoñecer unha figura senlleira na historia da asociación.
10/10/2015

Hostal Porta de Santiago

Pola atención especial que nese establecemento reciben usuarios de Alume e de outras institucións que precisaron nalgún momento de aloxamento, manutención ou simplemente acougo.
10/10/2014

Limpiezas Novoa, SL

Pola súa colaboración continuada na inserción laboral e social de persoas con trastorno mental severo.
10/10/2013

Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados (UDP)

Polo apoio dos seus voluntarios en beneficio das persoas con doenza mental e na loita contra o estigma desta enfermidade.
10/10/2012

Elena Gato Gómez, psiquiatra

Pola súa valiente e enérxica defensa da dignidade das persoas con enfermidade mental.
10/10/2011