Subvención da Consellería de Política Social e Xuventude para adquisición dun vehículo que facilite a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade

ALUME SAÚDE MENTAL obtivo unha subvención, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, destinada á adquisición dun vehículo que facilite a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

O obxectivo da axuda é: Adquirir un vehículo de 9 prazas de emisión cero tipo eco ou etiqueta C de verde e adaptado para as persoas que o precisen para adicar ás tarefas de rehabilitación co fin de permitir a mobilidade dos participantes dos programas de rehabilitación, inserción social e laboral, actividades de ALUME e do Concello, Deputación ou de outras entidades onde coas que participamos, acompañamentos a especialistas, recursos, respiro familiar, ocio e tempo libre, contribuíndo así a mellorar a súa integración social e por tanto, repercutindo positivamente na súa calidade de vida.

 

Cartel informativo da axuda