0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume saúde mental

Programas

Primeiros Episodios Psicóticos

Actuar cos máis xóvenes e deter o avance da enfermidade é prioritario.

Rehabilitación psico-social

O aceno de identidade de Alume, despois de máis de 25 anos de experiencia.

Atención da conduta suicida

Programa en coordenación coa Unidade de Prevención do Suicidio

Pisos protexidos

Apoio para unha vida autónoma, en compañía e integración social.

Atención no rural

Traballamos contra o illamento e o abandono, pola dignidade das persoas e por manter un modo de vida.

Programa de rúa

Intervención con persoas sen fogar e con transtorno mental grave.

Intervención en prisións

Programa xestionado por FEAFES Galicia, co apoio de Fundación Barrié.

Precisamos da túa axuda

Podes facerte socio, colaborar económicamente ou como voluntario

Alume é unha entidade declarada de utilidade pública, o que permite un tratamento fiscal favorable para as doazóns, e se queres máis información sobre o noso traballo e funcionamento ou sobre as contas da asociación, podes consultar as memorias dos últimos anos ou poñerte en contacto directamente con nós.

Enfermidade mental

As enfermidades mentais son unhas grandes descoñecidas, non só no plano médico, senón sobre todo no plano social. Malia os indudabeis avances da Psiquiatría nos últimos anos e a progresiva adaptación da sociedade ó respecto e dereitos que merecen as persoas con transtorno mental, aínda hai eivas enormes na información e nos mecanismos de atención sanitaria e social nesta materia, e tanto máis se nos estamos a referir á provincia de Lugo.

O enfermo mental é motivo de burla, medo ou compasión antes que de interese, preocupación ou respecto. ALUME pretende que as persoas afectadas por transtornos mentais e os seus familiares podan coñecer algo máis da súa dolencia e atopen un espazo para a expresión, a comprensión e o apoio.

Síguenos no noso Instagram

Novas de Alume