Entidade declarada de utilidade pública

Novas

O CINE CON ALUME

A campaña de Alume #contraelestigma recibíu o apoio de directores e artistas de cine, teatro e televisión, entre outros asistentes á clausura do  Festiva Internacional de Cine sobre a Discapacidade (Fecidiscovi) que celebra anualmente a Fundación Anade, na localidade madrileña de Collado Villaba.

Os directores Imanol Uribe e Leticia Dolera, e os actores javier Gutiérrez, Antonio Zabálburu, María Casal, Fátima Baeza e Marta Marbán, quixeron sumarse á esta iniciativa promovida por Alume, como un paso máis na loita contra a barreira da ignorancia e os prexuizos que tanto  dificultan a inclusión social e laboral das persoas con enfermidade mental. Do mesmo xeito, cantos recibiron premios na última edición do festival amosaron o seu apoio a esta campaña. ¡Gracias a todos eles!