Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Os Magos de Oriente anticípanse ao Nadal

 

A presenza de Alume nos acontecementos culturais, sociais e sobre todo solidarios que se celebran na nosa cidade é unha constante durante todo o ano, se ben chegadas estas datas que preceden ao Nadal vólvese máis intensa.

Entre tódalas las causas que apoiamos nesta entidade, unha motivou especialmente aos nosos usuarios: o proxecto da asociación Bonhomía Lugo, Ningún árbol vacío no Nadal. Esta organización de constitución recente, púxose en contacto con familias en risco de exclusión, para que os meniños escribiran unha carta a Reis Magos pedindo un agasallo que lles fixera ilusión. Feita a proposta, os usuarios acordaron por unanimidade participar de forma colectiva.

As aportacións realizadas deron para mercar dez xoguetes, que se foron entregando nos puntos de recollida que Bonhomía espallou por toda a cidade.

O mellor da experiencia foi o motivadora que resultou para os distintos grupos que se encargaron de mercar os agasallos nas xogueterías luguesas. Dalgún xeito, os homes e mulleres que participaron na iniciativa reviviron a lusión da súa etapa infantil, cando eles mesmos escribían cartas aos Magos de Oriente….

As entregas remataron a semana pasada. En todos quedou un pouso de satisfacción. Sen dúbida, uns e outras imaxinaban a ledicia e a sorpresa debuxada nas cariñas dos nenos nese día máxico, cando abran os agasallos que pediron nas súas cartas a estes magos bos e xenerosos

 

campana juguete