Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Alume conmemora o Día da Muller Traballadora

Hoxe, oito de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora. En Alume tratouse esta temática de forma transversal. No obradoiro de Informática fíxose unha busca na rede de mulleres que destacaron ao longo da hisitoria nos ámbitos das letras, as ciencias, as artes, a educación, a investigación e a política, entre outros, se ben o seu traballo quedou eclipsado no contexto de sociedades feitas por e para o recoñecemento dos homes. Dende Alume reclamamos que esta data sirva para reflexionar sobre a discriminación engadida que padecen as mulleres con enfermidade mental ou calquera outra discapacidade, no que atinxe ao exercicio pleno dos seus dereitos como persoas. Bo día e mellores tempos para tódalas mulleres ao marxe das súas circunstancias.