0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume pasa unha xornada nos Ancares

O día 1 de marzo os usuarios de Lugo e Guitiriz realizaron unha excursión aos Ancares co KM0 da Deputación de Lugo.

O pasado 1 de marzo usuarios de Alume Lugo e Guitiriz pasaron unha xornada nos Ancares coñecendo a zona de Piornedo e a Igrexa de Donís. A saída de Lugo foi as 11 da mañá para asistir a unha demostración de traballo no torno de pé en Bonxe no taller dunha das últimas oleiras que queda na provincia. Tras isto viaxaron ata o Piornedo, onde xantaron e fixeron un percorrido a pé ata a aldea para ver unha palloza-museo etnográfico, na que puideron coñecer a vida na zona da montaña galega ata metade do século pasado. Rematou a viaxe cun paseo ata a Igrexa de Donís, lugar no que se atoparon hai uns anos peculiares pinturas murais do século XVI. A esta actividade asistiron un total de 48 persoas.

Noticias relacionadas