Entidade declarada de utilidade pública

Novas

A nosa revista volve a Alumear

Acaba de saír do forno o último número (o 13) da revista Alumear, de periodicidade anual, editada por Alume.Saúde Mental. A publicación recolle os acontecementos máis destacados acaecidos dentro e fóra da entidade. Entre outros, o vixésimo aniversario da asociación, cun percorrido fotográfico e literario sobre a historia da entidade, e unha ampla entrevista á eurovisiva cantante do Incio, Lucía Pérez. As actividades dos obradoiros, o programa Espertar de atención a enfermos mentais sen teito, eventos deportivos, festas, viaxes, seccións de sociedade, benestar e saúde, deportiva, etc., figuan entre os contidos da revista, froito do traballo dun entregado equipo de redacción e de colaboradores dos centros de Lugo e Guitiriz.  A versión en papel pode adquirirse na sé de Alume. Tamén está á disposición dos seus potenciais lectores na nosa páxina web : www.alume.org