Entidade declarada de utilidade pública

Novas

¡¡A nosa saúde!!

Día salud mental 2015- 20 aniversario (19)Día salud mental 2015- 20 aniversario (1)

Un ano máis a xente de Alume de Lugo e Guitiriz xuntámonos nuha doble festa. Por unha banda, o Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemorou en todo o Estado o  día 10 de outubro. E por outro, os 20 anos de Alume. ¡Nada menos!. Cantas cousas levan pasado neste tempo…..

A xuntanza tivo lugar no Mesón de Abel, arredor dunha pulpada estupenda, que para iso estabamos en plenas festas de San Froilán.

Como sempre, foi unha satisfacción reencontrarse cos compañeiros de ámbolosdous centros: usuarios e monitores que antes da apertura da nosa casa chairega estiveron na de Lugo. Bueno, moitos deles, porque tanto acó como acolá hóubo novas incorporacións.

A verdade é que daba gusto vernos, todos guapos e, sobre todo, encantados de nos atopar de novo. Guapos e con bo apetito. Por iso Manuel Fernández, o noso presidente, non se entretivo demasiado na intervención de apertura do aconecemento, no que iste ano se nomeou socia de honra a Dolores Osorio. ¡Quen non lembra aquel torrente de enerxía, inxenio, bondade e inelixencia posta ao servizo da causa, ¡da nosa causa.!

Así o recoñeceu o presidene de Alume, nunha emotiva evocación desta compañeira e amiga, psicóloga brillante e magnífica xestora, que dirixíu con acerto a entidade cando votaba a camiñar, e coa que se volcou ata que se lle parou aquel corazón grande, no que cabiamos todos, un mal día do 2008…

O seu irmán, Pedro Osorio, recolleu emocionado un agasallo feito nos obradoiros de artesanía do centro, entre a ovación, non menos sentida, de cantos estabamos alí.

Co seu recordo, Manuel repasou nun momento a vida de Alume, cos cambios de ubicación, cando os zapatos ían queando pequenos por mor dos novos programas e actividades e, sobre todo, para atender mellor as necesidades dos usuarios que se foron incorporando co paso do tempo.

Non faltaron as novidades, como a presentación da nova páxina web de Alume, que todos esperabamos con ilusión, e que non defraudou as expectativas.

Tras as palabras de benvinda, todos puxemos mans ao prato, para gozar dunha estupenda comida. A sobremesa, como sempre moi animada, non se prolongou demasiado. Estabamos de festas e a xente de Guitiriz non querían marchar sen tomarlle o pulso as patronais lucenes. Así que colleron cara ao feiral cos compañeiros de Lugo, para gozar todos xuntos do estupendo ambiente festivo.

RETROSPECTIVA

Pola tardiña, na sé de Alume, montouse unha mostra fotográfica que recolle os vinte anos de vida da entidade. Unha sorpresa máis para cantos, despois dos festivos, se reincorporaron ás actividades do centro.

Nada máis rematar a montaxe, saímos correndo para Ramón Ferreiro, onde se celebraba o mercadiño Gastroarte. Alí estivemos ao pe do canón durante dúas xornadas, mostrando ao público o bo facer dos nosos obradoios de artesanía, ademáis de informar das actividades e programas que desenvolvemos na nosa organización. Por certo, que aínda que sexa presumir un pouco, a verdade é que a produción artesanal de Alume tivo moi boa acollida por parte dos moitos visitantes que pasaron polo stand.