Entidade declarada de utilidade pública

Novas

A Secretaria Xeral de Igualdade visita por segunda vez este ano o centro de Alume en Lugo

O 4 de setembro recibimos a visita de Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade e Mari Teijeiro, Concelleira en Lugo, ademáis doutros membros do grupo popular de Lugo que se achegaron ao centro de rehabilitación psicosocial que a entidade ten na cidade.

Susana López Abella interesouse polo traballo que leva a cabo a entidade nos diferentes talleres así como o desenvolvemento do programa pluriasistencial para vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, que este ano conta cunha subvención de 35.200 euros de Igualdade, no marco da convocatoria anual para entidades de iniciativa social. Trátase do único recurso especializado en Galicia para atención de vítimas de violencia nas que concurre unha enfermidade mental, que foi posto en marcha por ALUME en 2005. A asociación conta cunha vivenda tutelada en Lugo con disponibilidade para 6 usuarias, na que se leva a cabo un plan de intervención individualizado para cada muller, orientado a recuperar os déficits psicolóxicos e funcionais provocados pola violencia e manter estabilizada a súa enfermidade mental. O presidente de Alume destacou que ao contar cunha vivenda destas características contribúe a que as súas usuarias refagan a súa vida cando do contrario terían maior probabilidade de sufrir continuos ingresos en centros sanitarios. A Secretaria Xeral de Igualdade suliñou tamén a relevancia da atención psicolóxica ás mulleres vítimas de violencia.

Leave a Reply