Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Achegamos unha lista de locais onde conseguir o Calendario Solidario 2014

O voso apoio é a nosa forza, e por iso preparamos este ano o Calendario Solidario 2014, que fixemos xunto co Protectora de Animais de Lugo, e coa axuda do alumnado de Fotografía da Escola Ramón Falcón. Se queredes conseguir un para vós, ou para quen desexedes, aquí vos achegamos unha lista de puntos de venda, así como un mapa no que están indicados.

Comezamos o último mes do ano deixándovos unha lista de locais da cidade de Lugo onde podedes adquirir o voso Calendario Solidario 2014. Até o momento, podedes conseguir un calendario, por un donativo de cinco (5) euros en: – [Alume], Rúa Nicomedes Pastor Díaz, 6-8, baixo. – [Bar Central], Rúa Rafael de Vega, 10 – [Farmacia Herrero], Rúa Montero Ríos, 81 – [Farmacia Ortiz de Galisteo Pérez], Rúa San Fernando, 4 – [Pastelería Dona Vaniri], Rúa Camiño Real, 22 – [Farmacia Prado Pernas], Ronda do Carme, 86 – [Psicomedi], Praza Maior 20, 2º. – [Agro Mascota], Ronda do Carme, 70 – [Hospital Veterinario Aceña de Olga], Ronda de Fingoi, 117 – [Clínica Veterinaria Otter], Rua dos Gardas, 8 – [Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón], Paseo dos Estudantes SN (en fronte da Policía Local). – [Marcelle Natureza], Marcelle 6, San Martiño de Guillar, Outeiro de Rei. – [Bar As Pontes], na Parroquia de Triabá, Castro de Rei. – [Agrobiona], Pol. Industrial Castro de Ribeiras de Lea, Castro de Rei. Tamén vos deixamos un [MAPA DE GOOGLE] onde están marcados todos o puntos de venda do agasallo deste Nadal!
View
Onde comprar o Calendario Solidario 2014 in a larger map«>

Leave a Reply