Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Alume agradécelle ao voluntariado a súa dedicación durante todo o curso

Alume celebrou onte, día 13 de xuño, a súa xornada anual do voluntariado, no que persoas usuarias e voluntarias se xuntan para facer unha valoración do curso, xusto antes do verán.

En Alume temos uns 15 voluntarios e voluntarias, que veñen semanalmente a realizar actividades coas persoas usuarias. Baile, lecto-escritura, pintura, bordados, cinema, clases de historia, clases de baile, canto e pandeireta… O que cada un deles quere aportar. Grazas ao seu labor, temos moita máis variedade de actividades no centro. “Estamos muy contentos con la tarea que hicisteis, y por eso os invitamos a repetir el año que viene. Gracias a vosotros aprendimos a bailar, a pintar, a hacer punto de cruz, a mejorar en canto, a tener afición por el cine, por la historia, por la lectura, a recuperar el hábito de escribir… Nos estimulasteis la mente y las ganas de aprender, así que esperamos seguir mejorando el próximo año con vuestra ayuda. Os deseamos un buen verano, y os esperamos en septiembre con muchas ganas de hacer cosas nuevas. ¡Gracias por vuestra compañía y por vuestro bien hacer!”
Con estas liñas as persoas usuarias do centro quixeron agredecerlles aos voluntarios o seu labor. Rematamos a xornada cunha festiña.

Leave a Reply