Entidade declarada de utilidade pública

Novas

ALUME CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Día contra a violencia de xénero contou nesta ocasión co respaldo masivo dos usuarios de Alume. A iniciativa xurdíu a víspera, nunha reunión na que se falaba sobre esta forma de terrorismo silente, con vítimas mortais e terribles danos colaterais, sobre todo entre os fillos, que ás veces tampouco sobreviven a iste drama tremendo. Os que o logran, quedan marcados para sempre, co risco engadido de que se repita neles o patrón da violencia.

A numerosa comitiva de mulleres e homes da nosa entidade elixiron o acto institucional organizado po lo Concello. Como xa é tradicional, celebrouse na praza de Santo Domingo, xunto a o ginko bilova, a árbore da vida, plantado hai anos na memoria das vítimas dese integrismo machisa que parece que non somos quen de erradicar da nosa sociedade.

O acto que contou cunha ampla representación institucional, comezo coa actuación da Banda municipal. Unha muller, que padeceu en carne propia ista tortuta, puxo voz ao manifesto do Concello. As notas do Himno Galego puxeron o fondo musical á ofrenda floral. O máis emotivo foi, sen dúbida, a actuación de Ruth León, de Secretariado Xitano, que con Daniel Taboada a la guitarra interpretó ‘María’, ise himno de loita e esperanza ao que puxo voz Paz Vega.

Ao final, un cafetín para combater o frío de la mañá rematou unha xornada diferente e enriquecedora para a xente de Alume.