Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Alume convoca a súa Asemblea Xeral de persoas socias

A Asociación lucense de axuda a persoas con enfermidade mental convoca a súa Asemblea Xeral de persoas socias para este xoves, 10 de abril.

Alume, a Asociación lucense de axuda a persoas con enfermidade mental convocou a súa Asemblea Xeral de persoas socias para este xoves, 10 de abril. A primeira convocatoria será as 18h30, e a segunda ás 19h00. A Asemblea desenvolverase, como cada ano, na sede social de Alume, na Rúa Nicomedes Pastor Díaz, 6-8 Baixo, en Lugo. [Na orde do día figuran os seguintes asuntos:] – Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. – Informe económico do exercicio 2013. – Informe de actividades do ano 2013. – Orzamento do exercicio 2014. – Plan de actuación para o ano 2014. – Rogos e preguntas. No caso de que algunhas persoas socias non poidan asistir, e queiran delegar o seu voto nas persoas que si poidan, achegamos, a continuación, un modelo de presentación de delegacións que deberá ser presentado o mesmo día da Asemblea no seu lugar de celebración, asinado, xunto cunha fotocopia do DNI da persoa socia que delega representación. [MODELO DE REPRESENTACIÓN] {Don/Dona ___________________________________, socio/a da Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais (ALUME), con DNI número ___________, declaro e dispoño que na miña condición de socio/a de ALUME NOMEO a Don/Dona __________________________________________, con DNI número ___________________ o meu representante na Asemblea Ordinaria de ALUME prevista para o día 10 de abril de 2014 para que asista no seu nome e representación á referida Asemblea e exerza nela con total liberdade cantos dereitos sexan inherentes á condición de socio/a de ALUME. En ______________, a ______ de abril de 2014 Adxunto fotocopia do meu DNI.}

Leave a Reply