Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Alume nomeará socio de honra á empresa Limpiezas Novoa no Día Mundial da Saúde Mental

O vindeiro 10 de outubro, celebraremos o Día Mundial da Saúde Mental coa tradicional pulpada da nosa asociación. Este ano, ademais, nomearemos como socio de honra de Alume á empresa Limpiezas Novoa, SL, pola súa colaboración continuada na inserción laboral e social de persoas con trastorno mental severo.

Alume volverase unir a outras asociacións a nivel galego e estatal para celebrar, o vindeiro 10 de outubro, o Día Mundial da Saúde Mental. Como xa é tradición, e dado que esta data sempre coincide en pleno San Froilán, persoas usuarias, socias, persoal e familiares e amigos de Alume celebrarán a súa tradicional pulpada, que desta volta terá lugar na Parrillada Abel (Rúa Rafael de Vega, 18). [A empresa Limpiezas Novoa, SL, nomeada socia de honra de Alume] Como novidade deste ano, a Xunta Directiva de Alume acordou nomear socia de honra da nosa Asociación á empresa Limpiezas Novoa, S.L. pola súa colaboración continuada na inserción laboral de persoas con enfermidade mental, contribuindo á súa rehabilitación psíquica e á súa integración social. [Día Mundial da Saúde Mental: “Alternativas fronte a crise: o valor dos nosos dereitos”] Este é o lema escollido pola Federación de Asociacións (Feafes), á que pertence Alume, para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, data sinalada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para reivindicaros dereitos de todas as persoas con enfermidade mental, e denunciar o esquecemento do que habitualmente son obxecto por parte da comunidade. As personas con trastorno mental e os seus familiares e amigos empregamos o Día Mundial da Saúde Mental para reclamar que os transtornos mentais se consideren como unha doenza máis, que precisa de tratamentos e apoios, pero que non debe impedir unha integración plena na sociedade das persoas que a presentan. No noso día a día vemos que, malia os avances que se produciron nos últimos anos, persisten prexuízos moi arraigados que provocan a estigmatización e exclusión daspersoas diagnosticadas cun trastorno mental. Por ese motivo queremos facer chegar este lema: {“Alternativas fronte a crise: o valor dos nosos dereitos”}, que tamén recolle a preocupación do movemento asociativo sobre como está a afectar a actual situación socioeconómica á saúde mental de todas as persoas, e moi especialmente a como está a afectar á atención en saúde mental. Así mesmo, tamén tentamos visibilizar a oposición do movemento asociativo a que se recorten os dereitos do colectivo que representamos.

Leave a Reply