Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Alume pasará a mañá do mércores no HULA, informando sobre o coidado da saúde mental

Mañá mércores 15 de xaneiro pasaremos a mañá no hall do HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti), cunha mesa informativa na que, toda aquela persoa que se achegue, recibirá información sobre o coidado da saúde mental, os recursos existentes nesta materia na nosa área e as actividades que realizamos en Alume.

Esta semana, o mércores 15 de xaneiro, Alume colocará unha mesa informativa na entrada do HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti), durante toda a mañá. O noso obxectivo é achegar ás persoas que así o desexen, información sobre o coidado da saúde mental e sobre os recursos existentes nesta materia na nosa área, sobre todo a aquelas persoas que se viron afectadas por un problema de saúde mental e teñan que abandonar o hospital, así como ás suas familias e persoas achegadas. Así mesmo, informaremos sobre as actividades que realizamos en Alume, nos dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral nos que traballamos, en Lugo e en Guitiriz. [Levaremos Calendario Solidarios 2014 para quen desexe colaborar con Alume] Tamén levaremos os últimos exemplares do Calendario Solidario 2014, que fixemos en colaboración coa Protectora de Animais de Lugo e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, para aquelas persoas que os queiran adquirir. Aínda que xa levamos case unha quincena de ano, se o desexades, aínda podedes adquirir un dos almanaques. Ao facerte cun calendario estás colaborando directamente coas actividades que realizamos acotía as dúas asociacións que cho ofrecemos. {Na imaxe, Isabel Menéndez, vicepresidenta de Alume, nunha das xornadas informativas que desenvolvemos o pasado Nadal nos centros comerciais da cidade de Lugo}

Leave a Reply