Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Alume recibe o apoio das fundacións Barrié e PwC a través do Programa Más Social

A nosa asociación é unha das 10 beneficiadas de este ano pola Fundación Barrié co seu Programa Más Social, no que colabora a consultora PwC. As entidades seleccionadas foron Acoprós (Persoas xordas), Adaceco (daño cerebral), Afaga (Alzheimer), Apamp (parálise cerebral), Parkinson Galicia Coruña, Aspanaes (persoas con espectro autista), Aspanaex (persoas con discapacidade intelectual), Centro de Desarrollo Rural “O Viso”, Fundación Meniños.

Más Social é un programa dirixido ás entidades do Terceiro Sector a través do que se pretende promover un modelo de acción social económicamente sostible, que facilite as organizacións medios e estratexias que optimicen a súa xestión e de forma prioritaria a captación de fondos . Para isto, o programa Más Social aporta ás entidades financiación para a contratación de profesionais con experiencia en xestión, servizos de consultoría para a realización dos seus plans de acción, estratéxicos, ou captación de fondos, acompañamento na implantación do propio plan, formación específica e apoio para a mellora das webs na área de captar fondos co prototipo de páxina web “Más Social Conecta” en colaboración con Edisa.

Leave a Reply