Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Sede de Alume

Asambleas xeral e ordinaria o día 27 de abril

Asamblea Xeral Ordinaria de ALUME

De conformidade có previsto no artigo 21 dos Estatutos da nosa asociación, procedo a convocar a Asamblea Xeral Ordinaria de Alume, que se celebrará o día 27 de abril de 2016 ás 18:30 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 19:00 horas en segunda convocatoria, na sede social de Alume (rúa Nicomedes Pastor Díaz, 6-8, baixo, de Lugo) para tratar os seguintes asuntos:

Orde do día
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Informe de actividades anual.
3.- Informe económico do exercicio 2015.
4.- Orzamento do exercicio 2016.
5.- Rogos e preguntas.

Asamblea Xeral Extraordinaria de ALUME

De conformidade có previsto no artigo 21 dos Estatutos da nosa asociación, procedo a convocar a Asamblea Xeral Extraordinaria de Alume, que se celebrará o día 27 de abril de 2016 ás 18:45 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 19:15 horas en segunda convocatoria, na sede social de Alume (rúa Nicomedes Pastor Díaz, 6-8, baixo, de Lugo) para tratar os seguintes asuntos:

Orde do día
1.- Baixa de socios.

En Lugo, a 11 de abril de 2016

O presidente

Leave a Reply