Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Celebramos a nosa V xornada de Voluntariado

 

O xoves 9 de xuño celebramos a V edición da nosa Xornada de Voluntariado, na que participaron 10 dos nosos voluntarios.

A xornada iniciouse coa presentación dos participantes, que comentaron tamén porque decidiron vir á nosa entidade e realizar aquí a súa labor. Este ano medrou o número de homes que son voluntarios en Alume, ata agora eran 2 e en 2016 son xa 4, aínda que a maioría seguen sendo mulleres. Ao rematar recibiron un agasallo realizado no taller de coiro, un chaveiro, que foi entregado polos usuarios acompañado con palabras de agradecemento polo tempo que nos adican.

Aproveitouse tamén a xornada para ensinarlles o novo centro ao que nos trasladaremos en breve, na zona de Montirón.