Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Celebramos unha xornada adicada ao voluntariado

Con ela queremos visibilizar a súa labor e sobre todo agradecer o seu esforzo e o seu importante traballo á hora de axudar e comprender a un dos colectivos con máis dificultades á hora de integrarse.

O voluntariado constitúe unha das vías de participación comunitaria. O seu exercicio promove valores democráticos esenciais, como a solidaridade e a xustiza social, ao tempo que reivindica un papel activo da cidadanía na toma de decisións. As persoas con discapacidade atópanse a dirario con barreiras tanto arquitectónicas como mentais que lles fan máis difícil ou chegan a impedirlles a súa integración e participación social de xeito normalizado. É por isto que o voluntariado supón un recurso moi importante, xa que é unha axuda e un vínculo social para a persoa coa que realiza súa labor, xa que se crea con este unha relación de iguais na que os dous aprenden sobre o outro e se removen estereotipos. O 30 de xuño celebraremos unha xornada adicada ao voluntariado da entidade. Con ela queremos visibilizar a súa labor e sobre todo agradecer o seu esforzo e o seu importante traballo á hora de axudar e comprender a un dos colectivos con máis dificultades á hora de integrarse. ALUME contou neste ano con 16 voluntarios, 15 mulleres e un home, de todas as idades que levaron a cabo, sós ou apoiando aos monitores, obradoiros tan diferentes como o de manualidades, pandeireta, baile tradicional, cociña, lecto-escritura e fomento da lectura, risoterapia, autoestima, deportes e historia.

Leave a Reply