O día 8 de maio participamos nunha actividade do primeiro curso do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, impartindo unha charla sobre aspectos da saúde mental, a súa prevención e sobre o proceso de rehabilitación dos trastornos mentais graves que levamos a cabo en Alume Saúde Mental.
Gústanos colaborar na formación de novos profesionais e dar a coñecer o labor que desenvolvemos, para contribuir así a normalizar socialmente os problemas de saúde mental.