Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Comeza o novo curso aquelando o teu xardín

Achegamos os novos folletos de Alume Xardinería, o grupo de usuarios e usuarias da nosa asociación que realizan todo tipo de traballos de mantemento de hortas e xardíns.

Comeza un novo curso e tamén unha nova tempada para plantar. Os que máis saben disto son os membros da cuadrilla de xardinería de Alume, que están a traballar en varias hortas e xardíns da cidade de Lugo e arredores. A xardinería é unha das moitas actividades que desenvolvemos en Alume, e está dirixida a procurar a integración social e laboral das persoas con enfermidade mental de Lugo e a súa comarca. Aquí vos deixamos o folleto de [{Alume Xardinería}], para que lle botedes unha ollada no caso de que vos interese arranxar e manter o voso céspede, controlar as malas herbas, limpar os camiños ou fechar a finca. O grupo de xardinería da nosa asociación ofrece os seus servizos a particulares, comunidades de veciños e organismos oficias e entidades privadas. Só tedes que contactar connosco no teléfono da asociación: [982 25 16 02].

Leave a Reply