Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Dolores Osorio, socia de honra a título póstumo

A Xunta Directiva acordou nomear a Dolores Osorio Linares socia de honra da asociación, a título póstumo, coincidindo có vixésimo aniversario de Alume.


Dolores Osorio Linares foi directora de Alume dende 1997 ata 2008. Ela encargouse de poñer en marcha o Centro de Rehabilitación de Lugo, os pisos protexidos e o Centro de Guitiriz, e desenvolveu o seu traballo cunha adicación e unha paixón que foron moito máis aló do estrictamente laboral. O seu pasamento inesperado, en setembro de 2008, provocou unha gran conmoción en Alume, pero o seu recordo e exemplo axudaron a tódalas persoas que dentro da asociación a coñecían e a admiraban a unirse e a ser máis fortes e grazas a eso hoxe Alume é un proxecto consolidado, volcado na loita pola saúde mental.
Este ano 2015, en que se cumplen vinte anos da fundación de Alume, na asociación queremos mirar para nos mesmos e reivindicar o mellor da nosa historia có nomeamento, a título póstumo, de Dolores Osorio coma socia de honra de Alume, segundo acordo da Xunta Directiva do 9 de setembro de 2015.

Leave a Reply